Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.818

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (99/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño: nos autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 99/2003 contra a empresa La Abuela Dorotea, S.L. sobre despedimento, dictouse a seguinte sentencia:

«Na Coruña, 10 de marzo de 2003.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 99/2003 seguidos por instancia de Carmen Bouzas Vilariño, maior de idade, asistida polo letrado José Páramo Sureda, contra a empresa La Abuela Dorotea, S.L., que non compareceu nos autos, e coa intervención do Fondo de garantía salarial, representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díez del Corral, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Carmen Bouzas Vilariño, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante pola empresa La Abuela Dorotea, S.L. e extinguida a relación laboral na data desta resolución, condenando á empresa a que lle aboe á demandante a cantidade de 5.498,01 euros en concepto de indemnización máis 1.543,30 euros polos salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo, deberá no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa La Abuela Dorotea, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña o 10 de marzo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado