Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 14 de abril de 2003 Páx. 4.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social 711/2002.

Non sendo atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándolle que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolle que de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun (1) mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23-11-2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: 711/2002.

Acta nº: 1169/2002.

Titular: Meizocon 2000, S.L.

NIF/DNI: B-15740228.

Enderezo: r/ Caballeros, 37-6º, (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Data res.: 15-1-2003.

Resolución: sanción por importe de 1.502,54 euros.

-Feitos.

O 19-6-2002 visitouse a obra de construcción sita en avda. Fisterra, esquina r/ María Pita (Arteixo), constatándose que as escaleiras interiores e o oco do ascensor carecían en tódolos pisos de proteccións colectivas (varandas ou similares). Ademais os traballadores que efectuaban traballos nese momento carecían tamén de equipos de protección individual (cinto de seguridade), existindo un risco de caída desde 8 e 5 metros de altura.

Vulnéranse os artigos 4.2º d) e 19.1º do Real decreto lexislativo 1/1995; artigo 14 e puntos 1º e 2º da Lei 31/1995, do 8 de novembro; e artigo 3, en relación co anexo IV parte C, puntos 3º a) e b) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

-Tipificación.

Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 12.16º e 39, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

A Coruña, 6 de marzo de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña