Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 14 de abril de 2003 Páx. 4.786

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 944 e 967/2002.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución na Delegación Provincial da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 944/2002.

Acta inf. nº: 1780/2002 (I) e (II).

Empresa: Construcciones Brigantina, S.L. (I).

NIF/DNI: B-15066137.

Enderezo: travesía Cervantes, 5 (Betanzos).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 2.103,55 euros.

Resumo da acta de infracción:

Visitada a obra de construcción sita en parcela III de Pontepedriña (Santiago de Compostela), constatouse o seguinte:

1. Os ocos ó exterior, destinados a balcón, carecían de protección colectiva.

Vulnérase o anexo IV parte C.3 a) e b), do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

2. Os traballadores non recibiran calzado de seguridade, roupas de traballo e guantes.

Vulnérase o artigo 341 da Orde ministerial do 28-8-1980.

Dúas faltas, a primeria grave en grao mínimo, e a segunda leve en grao medio (tendo en conta o número de traballadores afectados), tipificadas e sancionables de conformidade cos artigos 12.16º f) e 11.4º; e 39.3º e 40.2º, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 967/2002.

Acta inf. nº: 1745/2002.

Empresa: Construcciones Brigantina, S.L.

NIF/DNI: B-15066137.

Enderezo: travesía Cervantes, 5 (Betanzos).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 500 euros.

Resumo da acta de infracción:

En data 23-9-2002 visitouse a obra de construcción sita en avda. Fraga Iribarne, esquina avda. A Coruña (Betanzos), comprobándose que os traballadores que se atopaban realizando traballos nese momento non utilizaban calzado de protección e seguridade, existindo risco de golpes, cortes, etc.

Vulnéranse os artigos 3 e do anexo I o artigo 6, do anexo III o artigo 2 a) e do anexo IV o artigo 6, do Real decreto 776/1997, do 30 de maio; en relación co artigo 17.2º da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Falta leve en grao medio, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 11.4º e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (tendo en conta o número de traballadores afectados).

Documentos que figuran nos expedientes:

-Actas de infracción.

-Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 6 de marzo de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña