Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 14 de abril de 2003 Páx. 4.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 10 de marzo de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Fontamallo, pertencente ó barrio de Xunqueiras da parroquia do Couto do concello da Cañiza.

Que en sesión que o dito xurado realizou o día 3 de abril de 2003 se acordou instruír expediente para a clasificación, como veciñal en man común, do monte que se describe da seguinte forma:

Concello: A Cañiza.

Parroquia: O Couto.

Barrio: Xunqueiras.

Cabida: 3,13 ha. (superficie alegada na solicitude).

Límites:

Norte: propiedades particulares de Mercedes S. Álvarez, Estrella Álvarez Carreira, Manuela Álvarez Martínez, Castor Domínguez Pérez, Estrella Álvarez Carreira, Mª Teresa Rodríguez Fernández, José Álvarez Vidal, Mª Rosa Álvarez Vidal, José Bouzo Estévez, Joaquín Álvarez, Germán Araújo, Mª Rosa Álvarez Vidal, Antonio Liste Alejandro e Joselina Álvarez Costas.

Sur: Concello de Crecente.

Leste: río Ribadil.

Oeste: predios particulares de Mª Lucía Domínguez Alejandro, Joaquín Rodríguez Vázquez, Mª Teresa Rodríguez Fernández e Angelina Fernández Rodríguez.

Descrición:

O monte está poboado por eucaliptos e piñeiros de diferentes clases de idade.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación cos montes de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 10 de marzo de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial, presidente do Xurado

Provincial de Clasificación de Montes Veciñais

en Man Común de Pontevedra