Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 14 de abril de 2003 Páx. 4.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

AVISO do 21 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se anuncia a toma de posesión provisional dos predios de substitución na zona de Poutomillos (Lugo).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Poutomillos (Lugo) e resoltos tódolos recursos presentados, a Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias resolveu dar posesión provisional dos novos predios, establecendo como data límite para esta o día 30 de abril de 2003. A dita toma de posesión é obrigatoria para tódalas persoas interesadas. No caso de que algún propietario non permita a toma de posesión dos predios de substitución, no prazo indicado, será obxecto, logo de apercibimento, de compulsión directa, tal e como establece o artigo 45 da Lei de concentración parcelaria para Galicia.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985, as persoas interesadas poderán reclamar, ante esta delegación, sita na Rolda da Muralla nº 70 de Lugo, acompañando dictame pericial sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que conste no expediente de concentración, no prazo de trinta días, contados dende o día 1 de maio de 2003.

Así mesmo, comunícase que a posesión dos predios de substitución outórgalles ás persoas que no acordo de concentración figuren como adxudicatarias, os medios de defensa establecidos nas leis.

En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre a persoa achegante e a adxudicataria. No caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de contribución dentro dos tres meses seguintes á data da toma de posesión, logo da petición ó Servicio de Montes e Industrias Forestais do preceptivo permiso e informe o favorable do Servicio de Medio Ambiente Natural, da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, no caso de seren especies autóctonas protexidas. Trascorrido o referido prazo, enténdese que pertencen ó propietario do novo predio.

Lugo, 21 de marzo de 2003.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo