Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 14 de abril de 2003 Páx. 4.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 20 de marzo de 2003, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Serra da Panda.

En cumprimento do disposto no artigo 28.5º del Decreto 80/2000, do 20 de maio, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG, o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 20 de marzo de 2003, da que a súa parte dispositiva é do seguinte texto literal:

«1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado parque eólico Serra da Panda.

2. De conformidade co contido do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de decembro de 2002 polo que se aproba a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Plan Eólico de Galicia, o planeamento dos concellos de Mañón e Ortigueira queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL