Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Industrial Barcalesa, S.L.
Domicilio social: Corneira, 15863 A Baña (A Coruña).
Denominación: L.M.T.A., C.T. aéreo e L.B.T. en Parada.
Situación: Santa Comba.
Descricións técnicas: ramal L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 15 m de lonxitude, en conductor LA-56 e C.T. aéreo de 50 kVA no lugar de Parada. Concello de Santa Comba.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de
instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 3 de marzo de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña