Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 14 de abril de 2003 Páx. 4.778

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/371).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa Madrid, 1 B (polígono das Fontiñas), 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación: L.M.T.A., punto fronteira UDESA en Cerceda a derivación C.T. Portofranco.

Situación: Cerceda.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, en dobre circuíto baixo tubo e con conductor R.H.V. 18/30 kV de 2x3(1x150) mm Al, de 307 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. Meirama-Cerceda de Unión Fenosa Distribución, S.A. no lugar de Acevedo e final no centro de seccionamento de UDESA. Liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón, con conductor LA-110, en dobre circuíto, de 427 m de lonxitude, con orixe en celas de centro de seccionamento e final no apoio onde

deriva a C.T. Abeleira e C.T. Portofranco. Liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón, con conductor LA-56, de 102 m de lonxitude, con orixe no tramo aéreo anterior e final no apoio seguinte. Centro de seccionamento, equipado con celas de entrada liña (2) cela de medida, celas de protección de 4 liñas (4), celas de remonte (2) e celas de saída de liña (4). Cerceda.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 28 de febreiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña