Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 14 de abril de 2003 Páx. 4.777

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/370).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa Madrid, 1 B (polígono das Fontiñas), 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación: L.M.T.A., C.T., R.B.T. Arinteiro.

Situación: Touro.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 10/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor PAS-50/LA-56 de 56 mm, de 916 m de lonxitude, con orixe na liña Millares-Quián e final en C.T. Arinteiro, que se vai instalar. Centro

de transformación, tipo caseta, de 100 kVA e tensións 10/0,380-0,220 kV, en Arinteiro, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 1.174 m de lonxitude, discorrendo por Arinteiro-Loxo. Touro.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 28 de febreiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña