Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 14 de abril de 2003 Páx. 4.780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 28 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 21/2002, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 20 de xaneiro de 2003, o delegado provincial da Conselleria de Sanidade de Ourense dictou resolución do expediente sancionador nº 21/2002 incoado na Delegación Provincial de Ourense a Isaac Gallardo Castro, como propietario de Cafetería Dreams.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xuridico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Isaac Gallardo Castro o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ó da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación sita na avda. de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, cta. contable 840 código 001 ou de Caixanova Recadación Xunta modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 28 de febreiro de 2003.

José F. Troncoso Casares

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

1. Expediente sancionador nº 21/2002.

Denunciado: Isaac Gallardo Castro (Cafetería Dreams).

DNI: 44450307.

Último enderezo coñecido: rúa Doutor Temes Fernández, nº 20, Ourense.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 1.2º a) do Decreto 157/1985, do 11 de xullo; artigo 13.4º da Lei 2/1996, do 8 de maio, da Xunta de Galicia sobre drogas, reiterado no artigo 7.3º do Decreto 75/2001, do 22 de marzo, sobre control sanitario da publicidade, promoción, subministración, venda e consumo de productos do tabaco.

Tipificación: artigo 5 en relación co 3 e 4 do Decreto 157/1985, do 11 de xullo; artigo 37.2º a) da Lei 2/1996, do 8 de maio; artigo 19.1º a) do Decreto 75/2001, do 22 de marzo; artigo 36.1º a) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

Sanción imposta: 60 euros (sesenta euros).