Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea L.C. VII e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
a) Antecedentes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito do 8-5-2002, Josefa González Blanco e outros solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea L.C. VII.
Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.
b) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do
procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación,
RESOLVO:
Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Clara Eugenia Triñanes González (33240331H), œ indiviso e Alberto Luis Triñanes González (52453399J), œ indiviso restante da concesión que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: L.C. VII.
Localización:
Cuadrícula nº: 54.
Polígono: C.
Distrito: Caramiñal (A Coruña).
Especies autorizadas: mexillón (Mitilus Galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 11-3-1964 (BOE/DOG nº 91, do 21 de abril).
Remate da vixencia: 15-4-2004.
Actuais titulares: Josefa González Blanco (33109481S), Clara Eugenia Triñanes González (33240331H), Alberto Luis Triñanes González (52453399J).
Novos titulares: Clara Eugenia Triñanes González (33240331H), œ indiviso e Alberto Luis Triñanes González (52453399J) œ indiviso.
Baixo as seguintes condicións:
Primeira.-Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira.-Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
A Coruña, 11 de marzo de 2003.
P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)
Beatriz Mato Otero
Delegada territorial da Coruña