Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 14 de abril de 2003 Páx. 4.754

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do calendario laboral e revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de construcción e obras públicas.

Visto o expediente do calendario laboral e revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de construcción e obras públicas que tivo entrada nesta delegación provincial o día 29-1-2003, subscrito en representación da parte económica por Apecco, e da parte social por UGT, CC.OO. e CIG o día 22-1-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Libro Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de febreiro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Acta número 1

Convenio da construcción da provincia da Coruña

Asistentes:

-Por Apecco:

Antonio Fernández Durán.

Silviano Pizarro Gómez.

Antonio Fernández Chao (asesor).

Miguel García Eiroa (secretario).

-Por UGT:

José Carlos Rodríguez del Río.

Manuel Martínez Arnoso.

Celestino Pérez Vázquez.

-Por CC.OO.:

Argimiro González Pérez.

Santiago Huertas Pozurama.

-Por CIG:

Faustino Barcia Santos.

José Luis Rúa Lamas.

Victorino Ares Prado.

Na cidade da Coruña o 15 de xaneiro de 2003, sendo as 17 horas, reúnense nos locais de Apecco os señores que arriba se relacionan, para comezaren as negociacións do convenio de construcción.

Nos expresados termos queda constituída a mesa negociadora do convenio colectivo provincial da Coruña de construcción e obras públicas.

Aberta a sesión e logo dun intercambio de impresións entre as partes no concernente á negociación do calendario laboral para este ano 2003, do que a parte sindical propón como festivos os días seguintes: 3 de marzo, 2 e 30 de maio, 13 de xuño, 24 de xullo, 14 de agosto, 6 de oububro e 24, 26 e 31 de decembro.

A parte empresarial propón fixar seis días festivos e catro días de libre disposición ou reduci-la xornada en inverno.

Ó non se chegar a un acordo polas diferencias antes mencionadas, decídese convoca-la vindeira reunión para continuar coa negociación o día 22 de xaneiro, ás 17 horas. E en proba de conformdiade, asínase este acta no lugar e data arriba indicados.

Acta número 2

Convenio da construcción da provincia da Coruña

Asistentes:

-Por Apecco:

Antonio Fernández Durán.

Silviano Pizarro Gómez.

Antonio Fernández Chao (asesor).

Miguel García Eiroa (secretario).

-Por UGT:

José Carlos Rodríguez del Río.

Manuel Martínez Arnoso.

Celestino Pérez Vázquez.

-Por CC.OO.:

Argimiro González Pérez.

Emilio Pérez Lage.

-Por CIG:

Faustino Barcia Santos.

José Luis Rúa Lamas.

Victorino Ares Prado.

Vicente Moreira Sobrido.

Na cidade da Coruña o 22 de xaneiro de 2003, sendo as 17 horas, reúnense nos locais de Apecco os señores que arriba se relacionan, para continuaren coas negociacións do convenio de construcción de 2003.

Aberta a sesión, e logo dunha ampla deliberación, chégase ós seguintes acordos:

1. Apróbase por unanimidade o calendario laboral para o ano 2003, que se xunta a esta acta como anexo I.

En consecuencia, e para o adaptar ás 1.752 horas anuais, páctanse como festivos para o ano 2003 os seguintes: 3 de marzo, 21 de abril, 2 e 30 de maio, 6 e 31 de outubro e 5, 24, 26 e 31 de decembro. Os expresados festivos poderán ser gozados noutras datas se así se pacta entre a empresa e os representantes dos traballadores ou os propios traballadores. Os días FC que figuran no calendario, se coinciden en período vacacional, non computan para efectos de FC.

2. Apróbase a táboa salarial regularizada o 31-12-2002, que se xunta a esta acta como anexo II e a cal servirá como base para as táboas do ano 2003.

Así mesmo, facúltase a Miguel García Eiroa (secretario) para a presentación dos acordos mencionados perante a Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta

de Galicia, para efectos da súa homologación e posterior publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

En proba de conformdiade asínase esta acta no lugar e a data máis arriba indicados.

Notas:

1. As festas locais 4 de marzo e 7 de outubro, refírense ó Concello da Coruña. Para o resto dos concellos serán os que se determinan no calendario de festas publicado no DOG nº 216, do 8 de novembro de 2002.

2. Os días sinalados como (FC-8) teñen tratamento de festivo no ano 2003, para dar cumprimento ó artigo 72.1º do convenio xeral do sector da construcción, do 12 de xaneiro de 2002 e publicado no BOE do 10 de agosto de 2002, non perdendo por tanto o seu carácter laboral para futuros convenios.

3. Cando un festivo local (F.L.) coincida con algún festivo convenio (FC-8), este pasará ó anterior día laboral.

4. Os días 3 de marzo, 21 de abril, 2 e 30 de maio, 6 e 31 de outubro e 5, 24, 26 e 31 de decembro, poderán substituír por calquera outro día sempre que pactase entre a empresa e representantes dos traballadores ou os propios traballadores.

5. Este calendario será de aplicación naquelas empresas que non teñan establecido o seu calendario laboral de acordo co artigo 72.4º do convenio xeral do sector.

ANEXO II

Táboa de retribucións ano 2002

Vixencia: base para o ano 2003.

NiveisCategoríasSalarioComplemento (por día efectivo de traballo)GratificaciónsVacaciónsTotal

anual

Valor hora extra

DíaMesAsist.Dist. e transp.XulloNadal

IITitulado superior43,961.318,775,725,611.780,241.780,241.780,2422.589,0515,10

IIITitulado medio, xefe admvo. 1ª, xefe sección, org. 1ª35,031.050,995,724,561.442,091.442,091.442,0918.374,9212,31

IVXefe de persoal, axte. de obra, encargado xeral de fábrica, encargado xeral33,501.004,915,724,381.383,701.383,701.383,7017.649,3111,85

VXefe administrativo de 2ª, delineante superior, encargado xeral de obra, xefes de sección de organización científica do traballo de 2ª, xefe de compras30,52915,725,724,021.270,991.270,991.270,9916.242,9710,98

NiveisCategoríasSalarioComplemento (por día efectivo de traballo)GratificaciónsVacaciónsTotal

anual

Valor hora extra

DíaMesAsist.Dist. e transp.XulloNadal

VIOfic. admvo. de 1ª, delineante de 1ª, xefe ou encargado de taller, encargado de sección de laboratorio, escultor de pedra e mármore, práctico de topografía de 1ª, técnico de organización, encargado de obra26,02780,525,723,511.100,981.100,981.100,9814.122,329,60

VIIDelineante de 2ª, técnico de organización de 2ª, práctico de topografía de 2ª, analista de 1ª, viaxante, especialista de oficio, capataz23,13693,785,723,481.002,881.002,881.002,8812.789,058,80

VIIIOficial admvo. 2ª, corredor de praza, inspector de control, sinalización e servicios, analista de 2ª, oficial de 1ª de oficio22,64679,085,723,42981,51981,51981,5112.547,538,68

IXAuxiliar admvo., axte. topográfico, aux. organiz., vendedor, conserxe, oficial 2ª de oficio22,14664,185,723,35963,03963,03963,0312.310,248,54

XAuxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, garda xurado, especialista de 1ª, axudante de oficio21,455,723,26932,26932,26932,2611.967,118,35

XIEspecialista de 2ª, peón especial21,305,723,24927,38927,38927,3811.897,808,35

XIILimpadora, peón ordinario20,885,723,18910,49910,49910,4911.693,178,07

XIIIMozos dos recados e pinches de 16 a 18 anos17,264,182,57738,25738,25738,259.488,600,00

Nota: as categorías que se indican, cunha antigüidade na empresa anterior ó 1-6-1992, rexeranse para efectos económicos polos seguintes niveis: nivel VII: oficial 2ª administrativo; nivel VIII: aux. técnico e administrativo; nivel IX: listeiro.

Para as categorías das que os devengos son mensuais, o salario multiplícase por 30 días e os complementos de asistencia, transporte e distancia por 22 días.

A retribución do traballador en prácticas durante o primeiro ano de vixencia será do 60% e para o segundo ano do 75% desta táboa.