Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 14 de abril de 2003 Páx. 4.756

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do covnenio colectivo do sector da industria siderometalúrxica.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector da industria siderometalúrxica que tivo entrada nesta delegación provincial o día 7-2-2003, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Siderometal, Asinec e Talleres de Reparación de Vehículos, da parte social, por CC.OO., UGT e CIG o día 5-2-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º y 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comuniade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de febreiro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Na Coruña, sendo as 18 horas do día 5 de febreiro de 2003, no local da Confederación de Empresarios da Coruña, sito na praza Luís Seoane, reúnese a comisión negociadora do convenio colectivo provincial para as industrias siderometalúrxicas, intervindo pola parte empresarial José Ardavín Álvarez e Roberto Derungs Cachaza, por Sidero; Juan García Varela e José M. Cascales Giner, por Talleres de Reparación de Vehículos, e Manuel Miñones Trillo por Asinec. Actúa en condición de asesor Javier García Ruiz. Pola parte social interveñen Nicolás Pato Pérez, por CC.OO.; Mauel Martínez Arnoso, por UGT, e Alfredo Bocija Serantes, pola CIG. Realiza as funcións de secretario Juan B. de la Salle Barreiro Pérez.

Iniciada a sesión, e para dar cumprimento ós artigos 38 e 39 do convenio colectivo vigente, procédese ó cálculo da revisión salarial correspondente ó ano 2002 e ó incremento das táboas salariais para o ano 2003.

En virtude da conformidade e aceptación de ámbalas parte adóptanse, por unanimidade, os seguintes acordos:

1. Manifesta-la súa plena conformidade ó documento anexo, que contén a revisión salarial do ano 2002, que se aproba e que asinan tódolos comparecentes.

2. Manifesta-la súa plena conformidade ó documento anexo, que contén as novas táboas salariales para o ano 2003, que se aproba e que asinan tódolos comparecentes.

3. Acórdase, así mesmo, incrementar nun 3,5 por cento as axudas de custo refectidas no artigo 45 e fíxase o complemento de traballo en construcción e reparación de buques do artigo 49 en 1,42 euros para o ano 203.

4. En virtude do recoñecemento da mutua capacidade e lexitimidade, ámbalas partes acordan remitir o actuando e o convenio anexo á Delegación Provincial de Traballo da Coruña, co fin de solicitar que se proceda á súa homologación.

E sendo as 19 horas da data anteriormente sinalada, levántase esta acta, da cal eu, como secretario, dou fe.