Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.681

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais, con nº de código 3600895, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-1-2003, subscrita en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Limpeza de Edificios e Locais de Pontevedra, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 28-1-2003. De conformidade co disposto no artigo 22 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDO

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 4 de febreiro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra

Asistentes:

CC.OO.: Carmen Segurana Bedrina.

UGT: Rosa Mª Acuña.

CIG: María do Tránsito Fernández

Representación empresarial:

Adolfo González González

Paulina Díaz Lamela

Manuel Falque Comesaña

Secretario de actas: Pablo Búa Burgos.

En Vigo, nos locais da Confederación de Empresarios de Pontevedra, sendo as dezasete horas do

día vinteoito de xaneiro de dous mil tres, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra co obxecto de aplica-la cláusula de revisión salarial establecida para este exercicio. Asisten as persoas sinaladas anteriormente.

A seguir procédese a aplica-lo 1,3% de incremento sobre as táboas salariais, complemento de transporte, complemento de asistencia, axudas de custo e horas extraordinarias, así como as diferencias ou atrasos salariais producidos, como consecuencia da aplicación retroactiva dos efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 2002, serán aboados polas empresas no prazo máximo de 45 días naturais contados desde a data da resolución do delegado provincial de Traballo, acordando a súa inscrición no libro de rexistros de convenios colectivos e a súa publicación no BOP, que quedan como segue con efectos do 1-1-2002.

-Táboa salarial: ver anexo.

-Complemento de transporte: 67,43 euros mensuais. Por cada día de ausencia ó traballo descontarase a cantidade de 3,03 euros.

-Complemento de asistencia: 47,99 euros. Por cada día de ausencia ó traballo descontarase a cantidade de 2,16 euros.

-Axudas de custo:

a) Media axuda de custo: 13,10 euros/día.

b) Axuda de custo completa: 23,27 euros/día.

c) Con pernoctación: 39,10 euros/día.

-Horas extraordinarias:

a) Hora extra: 5,32 euros.

b) Hora en domingo e festivo: 6,25 euros.

Ámbalas partes acordan a súa remisión á autoridade laboral para efectos do seu rexistro e posterior publicación no BOP e Diario Oficial de Galicia.

Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás dezaoito horas do día arriba indicado.

Tablas de salarios 2003. Limpeza de edificios e locais.

CategoríaEuros

*Grupo I. Persoal directivo e técnico

Subgrupo I. Persoal directivo

Director1.505,92

Director comercial1.367,41

Director administrativo1.367,41

Xefe de persoal1.367,41

Xefe de compras1.367,41

Xefe de servicios1.367,41

Subgrupo II. Persoal titulado

Titulado grao superior1.084,28

Titulado grao medio963,23

Titulado laboral ou profesional819,18

*Grupo II. Persoal administrativo

Xefe administrativo de 1ª1.024.03

CategoríaEuros

Xefe administrativo de 2ª957,77

Caixeiro867,41

Oficial de 1ª819,20

Oficial de 2ª728,88

Auxiliar637,44

Telefonista632,14

*Grupo III. Mandos intermedios

Encargado xeral957,94

Supervisor ou encargado de zona867,42

Supervisor ou encargado de sector795,21

Encargado de grupo ou edificio687,94

Responsable de equipo660,32

*Grupo IV. Persoal subalterno

Ordenanza632,14

Almaceneiro632,14

Listeiro632,14

*Grupo V. Persoal obreiro

Especialistas696,98

Peón especialista638,71

Limpiador ou limpiadora632

Conductor-limpador750,75

*Grupo VI. Persoal oficios varios

Oficial696,92

Axudante638,71

Peón632