Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.556

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NEGREIRA

EDICTO (90/2000).

María Mercedes Rodríguez Fraga, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Negreira, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 90/2000 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia. Negreira, vinteún de febreiro de dous mil tres.

Luis Aláez Legerén, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción único de Negreira, dictou esta resolución nos autos do xuízo de faltas número 90/2000, seguidos por este xulgado, sendo denun

ciante Germán Vieites Riveiro, representado polo procurador Avelino Calviño Gómez e asistido polo letrado Juan Carlos García Maceira, e denunciada Mª da Encarnação Abrantes Clemente Huerta, así como responsables civís, a compañía Axa Seguros, representada polo procurador Ricardo García Píccoli e asistida polo letrado José Antonio Fernández González e a entidade Citröen Hispania, S.A.

Resolvo que debo condenar e condeno a María da Encarnação Abrantes Clemente Huerta como autora dunha falta do artigo 621.3º CP, a unha pena de 15 días de multa a razón de 6 euros/día, é dicir, a unha multa de 90 euros, que se a condenada non satisfai, voluntariamente ou pola vía de constrinximento, dará lugar a unha responsabilidade persoal subsidiaria de 7 días de privación de liberdade.

Así mesmo, deberá indemnizar a Germán Vieites Riveiro na cantidade de 2.378,72 euros por danos persoais, suma indemnizatoria esta da que responderá solidaria e directamente a Aseguradora Axa, a cal, ademais, estará obrigada a paga-lo xuro que determina o artigo 20 da Lei de contrato de seguro, que é o legal do diñeiro incrementado nun 50% respecto dos 1.323,01 euros consignados o día 29 de xaneiro de 2002, e do 20% para a diferencia ata a suma indemnizatoria fixada, e subsidiariamente a entidade Citröen Hispania, S.A. Todo iso con expresa condena en custas.

Contra este sentencia pódese interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, por escrito e ante este xulgado.

Inscríbase no libro rexistro deste xulgado.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a María da Encarnação Abrantes Clemente Huertas, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Negreira o vinteseis de febreiro de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PONTEAREAS