Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.555

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CORCUBIÓN

EDICTO (3/2002-E).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Corcubión, fai saber que nos autos de divorcio número 3/2002, que se tramitan

neste xulgado, seguidos por instancia de Jesús Manuel Romero Castro contra María de los Ángeles Suárez Castro, figura dictada a sentencia que no seu encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«En Corcubión o vinte de xullo de dous mil dous. Francisco Javier Collazo Lugo, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos desta localidade, dictou sentencia nos autos de divorcio 3/2002, seguidos por instancia de Jesús Manuel Romero Castro, representado polo procurador José Manuel García Rodríguez e asistido polo letrado Paulino Pérez Riveiro, contra María de los Ángeles Suárez Castro, quen permaneceu en situación procesual de rebeldía.

Decido que estimando integramente a demanda interposta polo procurador José Manuel García Rodríguez declaro disolto, por divorcio, o matrimonio dos esposos Jesús Manuel Romero Castro e María de los Ángeles Suárez Castro con tódolos efectos inherentes á dita declaración, así como a disolución da sociedade de gananciais. Todo isto sen facer expresa imposición das custas procesuais.

Unha vez que sexa firme esta resolución, comuníquese ó Rexistro Civil correspondente para os efectos oportunos.

Notifíquese esta sentencia ás partes coa mención expresa de que contra ela cabe recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, que deberá prepararse por escrito perante este xulgado, no prazo de cinco días, desde a notificación desta sentencia.

E para que esta cédula sirva de notificación en legal forma a María de los Ángeles Suárez Castro, en situación de rebeldía procesual, expido e asino este edicto en Corcubión o vintetrés de xullo de dous mil dous».

O secretario

Rubricado