Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.555

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DE VIGO

EDICTO-CÉDULA de notificación (330/2001).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Xulgado de Primeira Instancia número nove de Vigo.

Procedemento: xuízo ordinario número 330/2001.

Sentencia. En Vigo o 14 de febreiro de 2003.

Vistos por min, Miguel Melero Tejerina, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número nove de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario, seguidos por instancia de S.C.I. Vigo, S.L., representado polo procurador Jesús González Puelles-Casal, e asistido polo letrado Víctor Areal Méndez, contra Plus Mer, S.L., representado pola procuradora Gemma Alonso Fernández, e asistido polo letrado Enrique Devesa Pérez Bobillo, contra Carpintería Molka, S.L., en rebeldía procesual. (Seguen antecedentes de feito), (seguen fundamentos xurídicos).

Decido que estimando parcialmente as pretensións da parte actora, debo condenar e condeno a Plus Mer, S.L. e a Carpintería Molka, S.L. a lle pagar solidariamente a S.C.I. Vigo, S.L. a cantidade de 11.500 euros máis o xuro legal do diñeiro desde a data da presentación da demanda; sen especial pronunciamento en canto ás custas. Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. (Segue publicación).

E como consecuencia do ignorado paradoiro da parte demandada, Carpintería Molka, S.L., esténdese esta cédula para que sirva de cédula de notificación».

Vigo, vinteseis de febreiro de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE CORCUBIÓN