Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.555

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (650/2002-E).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña,

Certifico: que nos autos seguidos neste xulgado co número 650/2002, por instancia de Milagros Varela Castro sobre separación contenciosa se acordou o emprazamento de Manuel Cambeiro Fernández, mediante a publicación da seguinte cédula de emprazamento:

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, dimanante dos autos de separación contenciosa número 650/2002, seguidos por instancia de Milagros Varela Castro, representada polo procurador Sr. Lage Fernández-Cervera, por medio do presente edicto emprázase a Manuel Cambeiro Fernández, co fin de que no prazo de vinte (20) días compareza en autos, representado por procurador e defendido por letrado e conteste a demanda, províndolle de que, en caso de non verificalo, darase por contestada a demanda e seguirá o curso dos autos na súa rebeldía, noti

ficándolle as demais resolucións que recaian nos estados deste xulgado.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia expido o presente edicto, que asino na Coruña o cinco de febreiro de dous mil tres.

O secretario xudicial.

Rubricado.