Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.556

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PONTEAREAS

EDICTO (315/2002).

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ponteareas (Pontevedra).

Xuízo verbal: 315/2002.

Parte demandante: María Dolores Domínguez Amoedo.

Parte demandada: Valeriano Alén Otero e Ministerio Fiscal.

No xuízo referenciado acordouse entregar á parte demandada a cédula que ten como texto legal o seguinte:

Cédula de emprazamento:

Tribunal que ordena emprazar:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ponteareas.

Asunto en que se acorda:

O arriba referenciado.

Persoa á que se empraza:

Valeriano Alén Otero, en concepto de parte demandada.

Obxecto do emprazamento: comparecer no xuízo expresado para contestar por escrito a demanda, na que figura como parte demandada. Acompáñase copia da demanda dos documentos acompañados e do auto de admisión daquela.

Tribunal ante o que debe comparecer:

Na sede deste xulgado.

Prazo para comparecer:

Vinte días hábiles computados desde o seguinte ó deste emprazamento.

Prevencións legais:

1. Se non comparece, declararáselle en situación de rebeldía procesual e notificada esta, non se levará a cabo ningunha outra, excepto a da resolución que poña fin ó proceso (artigos 496 e 497 da Lei 1/2000, de axuizamento civil. LACn).

2. A comparecencia no xuízo debe realizarse por medio de procurador, coa asistencia de avogado (artigo 750 da LACn).

3. Debe comunicarlle a este tribunal calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso (artigo 155.5º parágrafo primeiro da LACn).

En Ponteareas, trinta e un de xullo de dous mil dous.

O secretario xudicial.

En virtude do acordado nos referidos autos por providencia do día da data e de conformidade co disposto nos artigos 156.4º e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, para que sirva de emprazamento en legal forma ó demandado Valeriano Alén Otero, do cal o actual domicilio e paradoiro se descoñece, quedando á súa disposición na secretaría deste xulgado a copia da demanda e documentos acompañados, expido e asino o presente en Ponteareas, cinco de marzo de dous mil tres.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA