Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.557

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento de concurso, procedemento aberto e tramitación ordinaria, da explotación do servicio público da estación de autobuses de Sanxenxo (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: xestión do servicio público da estación de autobuses de Sanxenxo (Pontevedra).

b) Prazo concesional: vintecinco (25) anos.

3. Tramitación, procedemento, e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación: véxase cláusula 2.4.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Garantías.

Provisional: 6.000 euros.

Definitiva: 12.000 euros.

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e o regulamento de explotación que rexen a contratación poderán recollerse en:

a) Entidade: nos servicios centrais da Dirección Xeral de Transportes e nas delegacións provinciais da CPTOPV.

b) Enderezo: praza de Europa, 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

f) Tamén se poderá recolle-lo prego de cláusulas administrativas particulares na páxina da Internet www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2370.

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica, financeira e técnica: véxase cadro de características.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminará ás catorce horas do décimo quinto día natural

contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia; se coincide nun día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que integrará as ofertas: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse polo correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Enderezo: r/ San Caetano, s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

9. Apertura das ofertas:

Realizarase nos locais da Dirección Xeral de Transportes; enderezo: praza de Europa, 5-A (2º andar); localidade: Santiago de Compostela; ás 12 horas do décimo primeiro día hábil contado a partir do día seguinte á data límite de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario ata un importe máximo de 6.000 euros.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda