Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.534

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de industrias de panificación.

Vista a acta de revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de industrias de panificación, con número de código 3600785, que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais o día 5-2-2003, subscrita en repersentación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Industrias de Panificación, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 30-1-2003. De conformidade co disposto no artigo 3 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACUERDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 11 de febreiro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Asistentes:

CC.OO.: Ana Simón

UGT: Ignacio Couñago Lara

CIG: Luciano Villar González (asesor).

Asociación Provincial de Empresarios de Industrias de Panificación (Aproinpa): Cándido Durán Presa (presidente), Luis Rey Vilar (asesor), Antonio Gutiérrez Solla (asesor).

En Vigo e nos locais da Asociación Provincial de Empresarios de Industrias de Panificación (Aproinpa), sendo as 18 horas do día 30 de xaneiro de 2003, reúnense as persoas que se citan, como representantes da comisión mixta negociadora do convenio colectivo provincial sectorial das industrias de panificación da provincia de Pontevedra co fin de toma-lo seguinte

ACORDO:

Declárase constituída a mesa da comisión mixta negociadora do convenio colectivo do sector de panificación da provincia de Pontevedra, cos asistentes citados.

Tras varias deliberacións sobre o importante incremento do IPC no exercicio de 2002, acórdase establecer, con carácter exclusivo para o exercicio 2002, pagadoiro no primeiro trimestre de 2003, unha paga extraordinaria de 72,12 euros, co fin de compensa-los atrasos do convenio entre o 1 de xaneiro de 2002 e o 30 de abril do mesmo ano, todo iso, en favor do persoal afectado ó presente convenio, que estivese de alta no mesmo período, a xornada completa, rateándose nos casos de que entrase noutra data calquera distinta do prazo mencionado, a súa xornada non fose completa ou se lle actualizasen os conceptos salariais.

E non habendo máis asuntos que tratarse dáse por rematada a reunión, sendo as 19 horas do mesmo día.