Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.532

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2002 e 2003 do convenio colectivo da empresa Alonarti Envases, S.A.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2002 e 2003 do convenio colectivo da empresa Alonarti Enva

ses, S.A., con número de código 3602992, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 3-2-2003, subscrita en representación da parte económica pola representación da empresa e da parte social, polo comité de empresa, en data 30-1-2003. De conformidade co disposto no artigo 7º do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981,d o 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios de Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 7 de febreiro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Acta de revisión salarial para o 2003.

Asistentes:

Empresa: Javier Freitas, Juan Ferradáns.

Traballadores: Dolores Miguéns Castro, Vanesa Díaz Mariño, Alberto González Docampo, Antonio Rodríguez Crespo, Rubén López Costas.

En Vigo, ás 12 horas do 3 de xaneiro de 2003, reúnese a representación da empresa sinalada co Comité de Alonarti Envases, S.A. (centro de Vigo), coa asistencia que á marxe se cita e a seguinte:

Orde do día:

1. Revisión salarial de 2002.

2. Incremento salarial do ano 2003.

Intervén en primeiro lugar a representación empresarial, para manifestar que a inflacción acumulada en decembro do ano 2002 se publicou cun valor do 4%.

Tendo en conta que, segundo o pactado no convenio colectivo, a referencia para realizar unha revisiónsalarial fixouse no 2,75%, procede realizar unha revisión sobre as táboas vixentes o 31-12-2001 do 1,25%. Deste xeito, a táboa salarial de 2002 increméntase ata o 4,75%, que é o resultado de sumarlle-lo 3,5% pactado o 1,25 revisado.

Esta actualización de salarios terá efectos sobre os meses de outubro, novembro e decembro que son os meses nos que se superou o acumulado de referencia do 2,75%. Xúntase táboa cos IPC acumulados de cada mes do ano 2002.

Procédese á liquidación dos atrasos por diferencia deses meses nunha paga a finais deste mes de xaneiro.

A seguir e sobre as táboas así revisadas aplícase o incremento do 2,5% que é o resultado de suma-la previsión de inflacción do Goberno para o ano 2003 que é do 2% e o 0,5% pactado. Fíxase o 2% como porcentaxe de referencia o 31-12-2003 para a revisión salarial do presente ano e co mesmo sistema.

Lémbrase que segundo o pactado e con efectos de xaneiro de 2003, o complemento de asistencia e puntualidade pasa a ser un 10% do salario base en lugar do 9%. Tamén o complemento de nocturnidade pasa do 13% ó 16% do salario base das noites efectivamente traballadas. Tamén se modifica o complemento mínimo de especialistas e oficiais de 3 a 24 euros.

Xúntanse as novas táboas salariais e acórdase a súa remisión á Consellería de Xustiza, Interior e Traballo para o seu rexistro.

De igual xeito revísanse tamén os seguintes valores e complementos:

Novo valor efectosNovo valor efectos

outubro 20021-1-2003

Art. 6º X. nocturna18,748 A e 16,979 A 19,217 A e 17,403 A

Art. 12º H. extras 3,003 A e 12,018 A 3,078 A e 12,318 A

Art. 19º A. escolar18,635 A 19,101 A

Art. 20º A. minusvalidez130,929 A134,202 A

Revísanse tamén e do mesmo xeito os valores de complemento de transporte. Unha vez vistas as táboas e valores de complementos, apróbanse por ámbalas partes, comezando a súa aplicación neste mes de xaneiro de 2002, finalizando a reunión sen máis asuntos que tratar.

Ano 2003 en euros

Cat.

Categ.

Q

R1/2003

1 ano A

1 mes A

R2/2003

1 ano A

1 mes A

32Xefe 1ª2476,61639,718

33''3498,06041,505

34''4519,60043,300

35''5541,74045,145

51Of. adm. 1ª1382,53631,878

52''2398,64033,220

53''3412,41634,368

54''4430,93235,911

55''5456,25238,021

114Enc. sección4487,69240,641975,45681,288

115''5508,05642,3381.016,18484,682

132Titulado sup.2644,18453,682

133''3673,22456,102

134''4702,57658,548

135''5731,47260,956

142Titulado med.2476,61639,718

143''3498,06041,505

144''4519,60043,300

145''5541,74045,1451.083,56490,297

185Delineante 15469,33239,111