Dentro das actividades programadas para o ano 2003 en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e a Deputación Provincial de Lugo, anúnciase a realización dun curso de actualización na Lei sobre axuizamento rápido para algúns delictos e faltas, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:
Obxectivos.
O curso ten por obxectivo a preparación e actualización dos membros dos corpos de Policía Local da provincia de Lugo, en relación coa reforma parcial da LAC provocada pola Lei 38/2002 e tamén pola Lei orgánica 8/2002, ámbalas dúas do 24 de outubro, sobre o procedemento para o axuizamento rápido e inmediato de determinados delictos e faltas e de modificación do procedemento abreviado.
Publicación.
Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Lugo.
Destinatarios.
O curso vai dirixido ós membros dos corpos de Policía Local da provincia de Lugo.
Inscrición.
A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.
Prazas.
30 prazas.
Solicitudes.
1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.
2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 28 de abril de 2003, ás 14 horas.
3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial de Lugo (Área de Formación (fax: 982 26 01 69): rúa San Marcos, nº 8, 27001 Lugo; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Datas.
O curso realizarase en datas do 5 ó 9 de maio de 2003.
O horario será de 16.30 a 20.30 horas.
Contido.
O curso desenvolverase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse os seguintes módulos:
-Os procedementos de axuizamento criminal.
-A instrucción criminal.
-Funcións procesuais da policía xudicial.
-O procedemento para o axuizamento rápido e inmediato de determinados delictos e faltas.
-Organización da policía xudicial.
Relación de admitidos.
A relación de admitidos farase pública o día 30 de abril a partir das 14 horas, tanto pola Deputación Provincial de Lugo como pola Academia Galega de Seguridade. Os interesados poden coñecer e confirma-la súa asistencia chamando ós teléfonos 986 59 00 21 (AGS) ou 982 26 00 64/982 26 00 65 (Área de Formación da Deputación Provincial de Lugo).
Lugar.
O curso desenvolverase no Concello de Lugo, na aula de Formación da Deputación Provincial de Lugo, sita na rúa San Marcos, nº 8, 27001 Lugo.
Certificado de asistencia.
Ó remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada.
Modificacións.
Tanto a Academia Galega de Seguridade como a Deputación Provincial de Lugo, se é o caso, poderán modifica-lo desenvolvemento normal do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
A Estrada, 27 de marzo de 2003.
Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade