Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.536

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2003 pola que se anuncian os actos en conmemoración do Día das Letras Galegas.

En execución do Plan de actividades da EGAP para o ano 2003, a EGAP anuncia a celebración dos actos en conmemoración do Día das Letras Galegas conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Con motivo de declara-la Real Academia Galega o Día das Letras Galegas de 2003 dedicado a Antón Avilés de Taramancos, a EGAP súmase, como institución pública galega, á homenaxe deste galego insigne, ó organizar unha mesa redonda sobre a súa vida e obra. Esta acción formativa completarase cunha viaxe de interese cultural.

2. Destinatarios.

Na mesa redonda poderá participa-lo persoal das administracións públicas e calquera outra persoa interesada. Á viaxe cultural terá acceso só o persoal ó servicio de calquera das administracións públicas de Galicia (ata 40 prazas); no caso de presentárense máis solicitudes que prazas terá preferencia o per

soal da Xunta. A inscrición na viaxe implica a obrigatoriedade de asistir á mesa redonda.

3. Desenvolvemento.

3.1. Mesa redonda:

-Data: 13 de maio.

-Hora: de 13 h a 14.30 h.

-Lugar: EGAP.

3.2. Viaxe cultural:

-Data: 17 de maio.

Para coñece-lo desenvolvemento da viaxe e para todo tipo de información, prégase contactar co Servicio de Estudios, Investigación e Publicacións. Teléfono 981 54 62 49.

4. Inscrición.

As solicitudes, segundo o modelo oficial que figura ó final desta convocatoria, irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemen

to administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

As solicitudes deberán entrar no rexistro da EGAP antes das 10 h do día 5 de maio.

5. Publicación e notificación da selección.

A partir do 9 de maio os solicitantes poderán obte-la confirmación da súa selección chamando por

teléfono á EGAP os días laborables de 12 a 14 h ó número 981 54 62 49 ou ben consultando a lista de seleccionados, que se exporá no taboleiro de anuncios deste centro.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública