Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.537

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2003 pola que se fai pública a relación de postos de traballo do persoal de administración e servicios desta universidade.

Coa finalidade de dar cumprimento ó acordado no Consello de Goberno do día 14 de novembro de 2002, polo que se faculta a xerencia para publicar periodicamente a relación de postos de traballo (RPT) que refunda as modificación parciais que tiveron lugar na RPT aprobada como consecuencia da

propia evolución que se produciu nas unidades, e de acordo co previsto no artigo 15.3º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública e no artigo 37 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela,

Resolvo facer pública a relación de postos de traballo do persoal de administración e servicios da Universidade de Santiago de Compostela, que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2003.

José Vázquez Portomeñe

Xerente da Universidade de Santiago de Compostela