Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.421

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de revisión salarial e corrección de erros do convenio colectivo do sector de comercio vario.

Visto o expediente do acordo de revisión salarial e corrección de erros do convenio colectivo do sector de comercio vario que tivo entrada nesta delegación provincial o día 31-1-2003, subscrito en representación da parte económica por Asomatel, Asociación de Empresarios del Comercio de la Piel, Asociación de Empresarios del Comercio de Materiales de Construcción y Decoración e Asociación de Comercio Textil, da parte social, por UGT, CC.OO., CIG o día 29-1-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Concliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de febreiro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo de comercio vario da provincia da Coruña.

Asistentes:

Parte empresarial: Miguel Calderón (Asomatel), Francisco Mosteiro (comercio da pel), Ángel López (comercio de materiais de construcción e decoración), Julio Diéguez, Julia Pardo (comercio téxtil), Marina Grana (asesora jurídico-laboral CEC).

Parte sindical: Nieves Montes (UGT), Soledad Méndez (CC.OO.), Lois Soto (CIG).

Na Coruña, sendo as 13 horas do día 29 de xaneiro de 2003, reúnense as persoas arriba indicadas co obxecto de levar a cabo a revisión salarial do convenio colectivo de comercio vario da provincia da Coruña, para o ano 2003.

Procédese a levar a cabo a actualización das táboas correspondentes ó ano 2002, que servirán de base para calcula-lo salario do ano 2003.

Unha vez efectuada a revisión salarial, de acordo co establecido no artigo 28 do convenio colectivo de comercio vario, procédese a efectua-lo incremento salarial correspondente ó ano 2003, que supón un 2,5% (IPC previsto máis 0,5%).

Para os subsectores de comercio de pel e comercio téxtil procédese a seguir a realiza-lo proceso de aproximación, dando como resultado as táboas salariais que figuran como anexos.

A seguir a comisión paritaria deste convenio, detectado un erro na publicación do convenio colectivo de comercio vario (BOP nº 226, do 1 de outubro de 2002), no seu artigo 28, procede emendalo, acordándose enviar para publicación a emenda, co que a redacción do citado artigo 28 queda como segue:

«No caso de que o IPC real do ano 2002 sexa superior ó 2,5%, producirase unha revisión salarial polo dito exceso. Esta revisión será co obxecto de calcula-los salarios do ano seguinte».

Por último a comisión paritaria, ante as numerosas consultas formuladas ó respecto, acorda clarifica-la redacción do artigo 10º referido ó complemento de permanencia, no seguinte sentido: a aplicación deste levarase a cabo a partir do último tramo devengado na modalidade de complemento de antigüidade, agás para os traballadores de comercio téxtil e comercio de pel, que comeza a xerarse a partir do 1 de xaneiro de 2002, ou da data de entrada do traballador na empresa, se esta fose posterior.

Acórdase facultar a Nieves Montes para a realización dos trámites legais necesarios perante a delegación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, para a publicación e rexistro desta acta e as táboas salariais anexas.

Sen máis asuntos que tratar, levántase a reunión, sendo as 14.30 horas.

Táboas salariais convenio comercio A Coruña

CategoríaMes 2001Mes 2002

(rev. 1,5%)

Mes 2003

(incr. 2,5%)

Ano 2003

Director807,94840,26861,2712.919,05

Titulado grao superior807,94840,26861,2712.919,05

Xefe de persoal807,94840,26861,2712.919,05

Encargado xeral807,94840,26861,2712.919,05

Xefe de administración807,94840,26861,2712.919,05

CategoríaMes 2001Mes 2002

(rev. 1,5%)

Mes 2003

(incr. 2,5%)

Ano 2003

Xefe de vendas731,2760,45779,4611.691,9

Xefe de compras731,2760,45779,4611.691,9

Xefe de almacén731,2760,45779,4611.691,9

Xefe de sucursal731,2760,45779,4611.691,9

Xefe administrativo

ou administración de 2ª

731,2760,45779,4611.691,9

Xefe de división717,99746,71765,3811.480,7

Escaparatista/decorador717,99746,71765,3811.480,7

Xefe de sección682,51709,81727,5610.913,4

Contable/caixeiro682,51709,81727,5610.913,4

Oficial administrativo682,51709,81727,5610.913,4

Xefe de grupo682,51709,81727,5610.913,4

Programador682,51709,81727,5610.913,4

Viaxante674,25701,22718,7510.781,25

Xefe de taller/encargado de establecemento674,25701,22718,7510.781,25

Dependente671,17698,02715,4710.732,05

Rotulista e cortador671,17698,02715,4710.732,05

Profesional de oficio de primeira671,17698,02715,4710.732,05

Chofer de camión671,17698,02715,4710.732,05

Titulado grao medio671,17698,02715,4710.732,05

Profesional de oficio de segunda648,35674,28691,1410.367,1

Cobradoriconserxe648,35674,28691,1410.367,1

Vendedor/cobrador648,35674,28691,1410.367,1

Corredor de praza648,35674,28691,1410.367,1

Intérprete636,68662,15678,710.180,5

Profesional de oficio de terceira636,68662,15678,710.180,5

Repoñedor/separador636,68662,15678,710.180,5

Secretario/telefonista636,68662,15678,710.180,5

Mozo especializado636,68662,15678,710.180,5

Delineante626,81651,88668,1810.022,7

Auxiliar administrativo626,81651,88668,1810.022,7

Axudante614,17638,74654,719.820,65

Axudante de cortador614,17638,74654,719.820,65

Limpador614,17638,74654,719.820,65

Mozo/embalador614,17638,74654,719.820,65

Auxiliar de caixa614,17638,74654,719.820,65

Vixilante ou sereno614,17638,74654,719.820,65

Traballadores contratados en prácticas494,58514,36527,227.908,3

Complemento de transporte65,9368,5770,28

Complemento de transporte día2,632,742,81

Táboas salariais de comercio téxtil ano 2003

CategoríaSalario base

mensual (euros)

Salario base

anual (euros)

*Grupo I

Persoal técnico titulado

Titulado grao superior866,8213.002,30

Titulado grao medio770,5311.557,95

Técnico sanitario674,3510.115,25

Axudante674,3510.115,25

CategoríaSalario base

mensual (euros)

Salario base

anual (euros)

*Grupo II

Persoal mercantil non titulado

Director943,7914.156,85

Xefe de división866,8213.002,30

Xefe de persoal, xefe de compras, xefe de vendas y encargado xeral866,8213.002,30

Xefe de almacén779,4611.691,90

Xefe de grupo750,8911.263,35

Xefe de sección mercantil732,0510.980,75

Intérprete, viaxante e corredor de praza678,9510.184,25

Encargado de establecemento, vendedor e comprador719,0110.785,15

Dependente679,0510.185,75

Dependente maior718,1610.682,40

Axudante597,268.958,90

*Grupo III

Persoal administrativo, técnico non titulado

Director943,7914.156,85

Xefe de división866,8213.002,30

Xefe administrativo776,7811.651,70

Secretario e contable695,6710.435,05

Xefe de sección administrativa763,1411.447,10

Persoal administrativo

Contable, caixeiro, taquim. idioma estranxeiro706,4310.596,45

Maq. contable, operador e oficial administrativo695,6710.435,05

Auxiliar administrativo ou perforista667,2110.008,15

Auxiliar de caixa620,429.306,30

*Grupo IV

Persoal de servicios e actividades auxiliares

Xefe de sección de servicios750,8911.263,35

Debuxante e escaparatista733,9711.009,55

Axudante de montaxe, delineante, rotulista e visitador608,739.130,95

Cortador690,8310.362,45

Axudante cortador, xefe de taller e persoal de oficio630,299.454,35

Capataz, profesional oficio 2ª e 3ª, axudante, mozo especialista, telefonista e ascensorista624,029.360,30

Mozo, empaquetadora e repasadora608,739.130,95

*Grupo V

Persoal subalterno

Conserxe, cobrador, vixilante, porteiro, sereno e ordenanza613,629.204,30

Persoal de limpeza con 18 anos ou máis600,629.009,30

Persoal de limpeza por hora3,71

Complemento de transporte68,38

Comercio pel

CategoríaSalario base

mensual (euros)

Salario base

anual (euros)

Axudante617,219.258,15

Dependente649,129.736,80

Dependente maior680,1510.202,25

CategoríaSalario base

mensual (euros)

Salario base

anual (euros)

Xefe de sección708,5710.628,55

Xefe de almacén811,3112.169,65

Xefe de sucursal811,3112.169,65

Encargado xeral926,0813.891,20

Encargado de compras e vendas753,9111.308,65

Mozo de almacén616,759.251,25

Corredor de praza691,4810.372,20

Auxiliar de caixa634,799.521,85

Contable caixeiro707,6410.614,60

Xefe administrativo861,2712.919,05

Oficial administrativo673,4410.101,60

Auxiliar administrativo622,259.333,75

Escaparatista703,7010.555,50

Complemento de transporte51,22