Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.423

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de transporte de mercadorías por estrada.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector de transporte de mercadorías por estrada, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-1-2003, completado o 7-2-2003, subscrito pola comisión paritaria do convenio colectivo do sector de transporte de mercadorías por estrada da provincia da Coruña o día 22-1-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta

nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de febreiro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo de transporte de mercadorías por estrada da provincia da Coruña

Na cidade da Coruña, ás 18 horas do día 22 de xaneiro do ano 2003, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo de transporte de mercadorías por estrada da provincia da Coruña, nos locais da Confederación de Empresarios da Coruña, producíndose os seguintes acordos:

1º Anular das táboas salariais as categorías de aspirantes de 16 e 17 anos do grupo 2, subgrupo A: persoal de movemento e a de mozo dos recados de 16 a 17 anos do grupo 5, de acordo coas instruccións da delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2º Ante as distintas redaccións publicadas no DOG e BOP, esta comisión paritaria acorda que a única redacción válida do convenio colectivo de transportes de mercadorías por estrada da provincia da Coruña, en vigor, é a que no seu día asinou a mesa negociadora deste, da que se acompaña una fotocopia do citado convenio e da acta final deste á presente acta, existindo copia deste á disposición de tódolos interesados nas centrais sindicais e asociacións asinantes do convenio.

3º Aprobación das táboas salariais para o ano 2003 que inclúen:

a) Un incremento do 0,5% nos conceptos e contías recollidos no convenio con respecto ás do ano 2002.

b) Un incremento dun 3,5% nos conceptos e contías recollidos no convenio para o ano 2003 con respecto ás táboas de 2002.

E para que conste para os efectos oportunos, asino a presente acta na Coruña, 22 de xaneiro de 2003.

UGT: Manuel Santiso Iglesias

CC.OO.: Manuel López López

TRASCAF: José Rico Casal

ACOTRADES: Fernando Vaamonde Romero

ATRANSA: Fernando Varela López