Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.381

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PONTEAREAS

EDICTO (168/2001).

En Ponteareas o cinco de novembro de dous mil dous, Henrique Perianes Estévez, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ponteareas, dou fe de que nos autos de demanda de separación número 168/2001, figura a sentencia que no seu encabezamento e decisión literalmente di:

«Sentencia.

En Ponteareas o catro de novembro de dous mil dous.

Vistos por Eva Mª Puerto Aguado, xuíza en funcións de substitución regulamentaria no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ponteareas, os presentes autos de separación, seguidos neste xulgado co número 168/2001, nos que son parte, como demandante, Mª del Mar Rodríguez Quintela, representada pola procuradora Sra. Saborido Ledo e asistida polo letrado Francisco Dávila Solla, e como demandado Ramón Miguel Fernández Mariño, en rebeldía.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido que estimando a demanda interposta pola procuradora Sra. Saborido Ledo, en nome e representación de Mª del Mar Rodríguez Quintela, contra Ramón Miguel Fernández Mariño, en rebeldía:

1. Debo decretar e decreto a separación, con tódolos efectos legais do matrimonio contraído por Ramón Miguel Fernández Mariño e Mª del Mar Rodríguez Quintela o día 11 de maio de 1996.

2. Sen facer especial pronunciamento sobre as custas causadas.

Unha vez firme esta sentencia remítase testemuño desta ó Rexistro Civil de Ponteareas, para que practique a oportuna anotación marxinal no asento correspondente ó matrimonio dos cónxuxes ós que afecta.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación que deberá prepararse dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra. Líbrese testemuño desta, que quedará unida ós autos da súa razón, incluíndose o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Asinado. Eva Mª Puerto Aguado, perante min. Henrique Perianes Estévez, segue a publicación.

E para que conste e sirva de notificación en forma ó demandado rebelde en ignorado paradoiro Ramón Miguel Fernández Mariño, expido e asino este edicto en Ponteareas o cinco de novembro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE PONTEVEDRA