Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.382

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE PONTEVEDRA

EDICTO (525/2002).

Por auto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Pontevedra do 22 de xaneiro de 2003, dictado no xuízo voluntario de quebra de Nueva Forja Pino, S.L.L., instado polo procurador Senén Soto Santiago, en repersentación de Nueva Forja Pino, S.L.L., declarouse a Nueva Forja Pino, S.L.L. en estado de quebra, que quedou incapacitada para a administración e disposición dos seus bens. Decláranse vencidas tódalas súas débedas a prazo, polo que se lle prohíbe ó quebrado/a facer pagamentos ou entregar bens, debendo verificalo a partir de agora o depositario administrador Rafael López Mera e, posteriormente, os síndicos, con apercibimento de que no se

lles considerará descargados das súas obrigas e prevese a todas aquelas persoas no poder das cales existan bens pertencentes ó/á quebrado/a, para que llelo manifesten ó comisario Óscar Manuel Salvador Núñez, entregándolle nota destes, baixo apercibimento de seren considerados ocultadores de bens e cómplices do/a quebrado/a.

Pontevedra, 22 de xaneiro de 2003.

Rubricado