Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.382

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (865/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 865/2002 seguidos por instancia de Susana Santos Mouzo contra Cartex 2001, S.L. e Fogasa sobre relamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 24 de febreiro de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda presentada por Susana Santos Mouzo, debe declarar e declaro o dereito da demandante a percibi-la cantidade de 2.688,41 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, nese sentido, debo condenar e condeno a empresa Cartex 2001, S.L. a que, aténdose e pasando por tal declaración lle aboe ó demandante a cantidade de 2.688,41 euros en concepto de salarios.

E debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que, en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá de anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contado desde a notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá de presentalo. É posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá así mesmo, acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no Banco Bilbao Vizcaya, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do

importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Cartex 2001, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Pedro Monteagudo, 11, baixo, Arteixo, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 24 de febreiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado