Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.383

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (600/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 600/2002, contra empresa Lider Sport Ediciones, S.L. sobre reclamación de cantidade, dictouse a seguinte sentencia:

«Sentencia.

A Coruña, 27 de febreiro de 2003.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 600/2002, seguidos por instancia de María José Vilas Cancela e Ramiro Freire Sánchez, maiores de idade, asistidos polo letrado José Páramo Sureda, contra a empresa Lider Sport Ediciones, S.L., Fondo de Garantía Salarial, que non compareceron en autos, sendo o obxecto da reclamación de salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que estimando a demanda interposta polos demandantes Mª José Vilas Cancela e Ramiro Freire Sánchez, contra a empresa Lider Sport Ediciones, S.L., condeno a demandada a aboar 4.552,20 euros a favor de María José Vilas Cancela e 2.021,84 euros a favor de Ramiro Freire Sánchez polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade de 150,25 euros na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 65, facendo constar no ingreso o número do expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Lider Sport Ediciones, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña, 28 de febreiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado