Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.383

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (871/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño, nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 871/2002 por instancia de Jesús Sanmiguel Alvariño e outro, sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«Sentencia.

A Coruña, 28 de febreiro de 2003.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 871/2002, seguidos por instancia de Jesús Sanmiguel Alvariño e José Pájaro Pérez, maiores de idade, asistidos polo letrado José Páramo Sureda, contra a empresa Informática y Comunicaciones, S.A.-Incosa e o Fondo de Garantía Salarial, que non compareceron nos autos, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta polos demandantes contra a empresa Informática y Comunicaciones, S.A.-Incosa, condenando a demandada a aboar ós demandantes as cantidades seguintes: a Jesús Sanmiguel Alvariño, 2.799,36 euros e a José Pajaro Pérez, 2.836,68 euros, polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade de 150,25 euros na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 65, facendo constar no ingreso o número do expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Informática y Comunicaciones, S.A.-Incosa, que ten o seu

enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña 28 de febreiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado