Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.384

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (922/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña.

Dou fe e testemuño nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 922/2002 contra a empresa Turbex Internacional, S.L. e outro sobre salarios, dictouse a seguinte

«Sentencia.

A Coruña, 28 de febreiro de 2003.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 922/2002, seguidos por instancia de Javier Bernardo López Catón, maior de idade, asistido pola letrada Cristina Gómez Lozano, contra as empresas Turbex Internacional, S.L. e Blue Lynx, S.L., que non compareceron nos autos e o Fondo de Garantía Salarial, representado e asistido polo letrado Javier Morado Díaz, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por Javier Bernardo López Catón e coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, debo condenar e condeno a empresa Turbex Internacional, S.L. a que lle aboe ó demandante a cantidade de 1.356,81 euros polos conceptos reclamados na demanda e coa absolución da empresa Blue Lynx, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación ás empresa Turbex Internacional, S.L. e Blue Lyns, S.L., de enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña, 28 de febreiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado