Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.381

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NEGREIRA

EDICTO (204/2002).

Eu, María Mercedes Rodríguez Fraga, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción

número un de Negreira, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 204/2002 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia. En Negreira o 19 de febreiro de 2003.

Luis Aláez Legerén, xuíz do xulgado de instrucción único desta vila e o seu partido, dictou esta resolución no xuízo de faltas nº 204/2002, no que foi denunciante María Digna Barreiro Ardións e denunciado José Santiago Rodríguez Hombre, con intervención do Ministerio Fiscal, representado por Álvaro García Ortiz.

Fallo que debo absolver e absolvo a José Santiago Rodríguez Hombre dos feitos que se lle imputaban.

As custas procesuais decláranse de oficio.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días hábiles contados desde a súa notificación perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Inscríbase no libro rexistro deste xulgado.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a José Santiago Rodríguez Hombre, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Negreira o vinteseis de febreiro de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PONTEAREAS