Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.380

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE LUGO

EDICTO-CÉDULA de notificación (213/2001).

No procedemento de referencia dictouse a resolución co encabezamento e a parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia 213/2001.

Procedemento: xuízo ordinario 213/2001.

Xuíza que a dicta: Susana Vázquez Mariño.

Lugar: Lugo.

Data: oito de xuño de dos mil dous.

Parte demandante: Emilio Vigo Rivas.

Avogada: Sra. Sánchez Santomé.

Procurador: Andrés Corral Álvarez.

Parte demandada: José Luis Iparraguirre Mazaira, Mª Dolores Eiriz Lamas, en situación procesual de rebeldía.

Obxecto do xuízo: resolución de contrato de arrendamento de vivenda por falta de pagamento da renda e cantidades asimiladas.

Decido que, estimando a demanda interposta polo procurador Sr. Corral Álvarez, en nome e representación de Emilio Vigo Rivas contra José Luis Iparraguirre Mazaira e Mª Dolores Eiriz Lamas, declaro resolto o contrato de arrendamento con data do 10 de novembro de 1998 sobre a vivenda sita no piso 3º A do inmoble nº 2 da rúa Julia Monguillón da cidade de Lugo, decretando consecuentemente o desafiuzamento dos citados José Luis Iparraguirre Mazaira e Mª Dolores Eiriz Lamas do referido inmoble, baixo apercibimento de lanzamento se non o desaloxan e o deixan á disposición do arrendador no prazo legal, e condénoos, así mesmo, a lle satisfacer ó demandante a suma de 4.342,68 euros (722.561 pesetas), importe dos recibos e das cantidades asimiladas que debía no momento da interposición da demanda e dos que fosen vencendo durante a substanciación deste procedemento, mailos xuros legais desta suma desde a interpelación xudicial ata o completo pagamento. Procede a expresa condena en custas dos

demandados.

Modo de impugnación: mediante recuso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo (artigo 455 da Lei de axuizamento criminal). O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado, no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ó da notificación, limitado a cita-la resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugne (artigo 457.2º Lei de axuizamento criminal).

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Luis Iparraguirre Mazaira, esténdese esta para que sirva de cédula de notificación.

Lugo, 17 de setembro de 2002.

O/A secretario/a

Rubricado