Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.380

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DE VIGO

EDICTO (759/2002).

José Luis Gutiérrez Martín, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número oito dos de Vigo, cer

tifica que no xuízo verbal de desafiuzamento, se dictou a seguinte resolución:

«Sentencia. En Vigo, trinta de xaneiro de dous mil tres.

Susana Álvarez García, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número oito dos de Vigo, viu estes autos de xuízo verbal de desafiuzamento 759/2002, entre os que son partes:

Demandante: Teodoro e Eligio Pereira Dopazo, representados pola procuradora Mª Paz Barreras Vázquez, asistida do seu letrado Fernando Cobas García.

Demandado: Carlos Bao Ares, rebelde procesual.

Versa a litis sobre falta de pagamento de rendas do local de negocio sito na rúa Paraguai, 9-baixo, café-bar-música Vigo.

Decido que estimando integramente a demanda interposta por Teodoro e Eligio Pereira Dopazo representados pola procuradora Mª Paz Barreras Vázquez, contra Carlos Bao Ares, debo declarar e declaro a resolución do contrato de arrendamento que liga ás partes, respecto do local sito na rúa Paraguai, 9-baixo, café-bar-música Vigo, apercibindo a parte demandada de lanzamento se non desaloxan o local dentro do prazo establecido na lei, condenando a Carlos Bao Ares, ó pagamento das custas.

Contra esta sentencia que cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que deberá prepararse no prazo de cinco días por medio do escrito presentado perante este xulgado, conforme o disposto no artigo 455 e seguintes da LAC, facéndolle saber ó recorrente do cumprimento do artigo 449.1º do mesmo precepto legal.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que se proceda á súa inserción a modo de notificación de sentencia para o demandado Carlos Bao Ares, que está en paradoiro descoñecido, expídese este edicto en Vigo trinta e un de xaneiro de dous mil tres.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO

DE LUGO