Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.279

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 26 de marzo de 2003 pola que se modifican as ordes da Consellería de Industria e Comercio do 25 de novembro de 2002 pola que se convocan axudas en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións, a do 26 de novembro de 2002 pola que se convocan axudas para o fomento da innovación empresarial e prestación de servicios e a Orde do 27 de novembro de 2002 pola que se convocan axudas en materia de calidade e deseño industrial.

A Consellería de Industria e Comercio publicou no DOG nº 239, do 12 de decembro de 2002 a Orde do 25 de novembro de 2002 pola que se convocan axudas para o fomento das tecnoloxías da información e as comunicacións, en réxime de concorrencia competitiva, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003. Así mesmo,

no DOG nº 240, do 13 de decembro de 2002, publicáronse a Orde do 26 de novembro de 2002, pola que se convocan axudas para o fomento da innovación empresarial e prestación de servicios e a Orde do 27 de novembro de 2002 pola que se convocan axudas en materia de calidade e deseño industrial, en réxime de concorrencia competitiva, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

Nas citadas ordes establécese a incompatibilidade das axudas reguladas en cada unha delas con calquera outra das reguladas por esta consellería para o mesmo proxecto.

A entrada en vigor do Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, polo que se modifica a estructura orgánica da Xunta de Galicia, e do Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a das distintas consellerías, supón tamén unha nova distribución de competencias entre os distintos departamentos da Xunta de Galicia. Así, á Consellería de Innovación, Industria e Comercio, a través da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, correspóndenlle as competencias que tiña atribuídas a extinta Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, tal como se recolle na orde desta consellería do 30 de xaneiro de 2003 (DOG do 1 de febreiro de 2003). Entre estas competencias está a de concesión de axudas para os programas considerados no Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2002-2005. Dado que este plan comprende programas de axudas horizontais e sectoriais nos que se incentivan actuacións que poden ser tamén subvencionables a través doutras ordes desta

consellería e considerando que os límites de intensidade das axudas para o fomento da I+D+I poden ser superiores ós establecidos para outro tipo de actuacións, cómpre modifica-lo réxime de incompatibilidades establecidos nas diferentes ordes de convocatoria de axuda, de xeito que os cambios efectuados na estructura orgánica da Xunta de Galicia, non supoñan un prexuízo para os posibles beneficiarios das axudas convocadas.

Con base no anterior, e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifícase o artigo 13 da Orde do 25 de novembro de 2002 pola que se convocan axudas en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións, en réxime de concorrencia competitiva, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, que terá a seguinte redacción:

«Artigo 13º.-Incompatibilidades.

As axudas previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das que poida conceder esta consellería, para o mesmo proxecto, agás con aquelas que se concedan ó abeiro dos programas de axudas establecidos no vixente Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

Polo demais, estas axudas serán compatibles con calquera outra das establecidas por calquera administración pública, organismo ou ente público, sempre e cando non se exceda, en termos de subvención neta equivalente, a porcentaxe do 40% sobre o investimento subvencionable, agás no caso das Pemes, no que poderá acadarse ata o 55%».

Artigo 2º

Modifícase o artigo 15 da Orde do 26 de novembro de 2002 pola que se convocan axudas para o fomento da innovación empresarial e prestación de servicios, en réxime de concorrencia competitiva, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, que quedará redactado como segue:

«Artigo 15º.-Incompatibilidades.

As axudas previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das que poida conceder esta consellería, para o mesmo proxecto, agás con aquelas que se concedan ó abeiro dos programas de axudas establecidos no vixente Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

Polo demais, estas axudas serán compatibles con calquera outra das establecidas por calquera administración pública, organismo ou ente público, sempre e cando non se exceda, en termos de subvención neta equivalente, a porcentaxe do 40% sobre o investimento subvencionable, agás no caso das Pemes, no que poderá acadarse ata o 55%».

Artigo 3º

Modifícase o artigo 13 da Orde do 27 de novembro de 2002 pola que se convocan axudas en materia de calidade e deseño industrial, en réxime de concorrencia competitiva, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, que quedará coa seguinte redacción:

«Artigo 13º.-Incompatibilidades.

As axudas previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das que poida conceder esta consellería, para o mesmo proxecto, agás con aquelas que se concedan ó abeiro dos programas de axudas establecidos no vixente Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

Polo demais, estas axudas serán compatibles con calquera outra das establecidas por calquera Administración pública, organismo ou ente público, sempre e cando non se exceda, en termos de subvención neta equivalente, a porcentaxe do 40% sobre o investimento subvencionable, agás no caso das Pemes, no que poderá acadarse ata o 55%».

Disposición adicional

Esta orde non afecta ós prazos de presentación de solicitudes establecidos nas ordes de convocatoria de axudas que se modifican.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL