Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.279

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de marzo de 2003 pola que se conceden subvencións a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Por Orde do 6 de novembro de 2002 (DOG do 18 de novembro) publicouse a convocatoria para a concesión de subvencións a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión destas subvencións pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primero.-Concedérlle-las subvencións, nas contías que se sinalan, ás escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro que se relacionan no anexo I a esta orde.

Segundo.-Desestima-las solicitudes presentadas polas escolas de música que se relacionan no anexo II, polas causas que se indican.

Terceiro.-Para facer efectivo o pagamento das subvencións, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, Subdirección Xeral de Centros, Servicio de Xestión de Programas Educativos, antes do 15 de outubro de 2003, a xustificación completa dos gastos realizados, segundo o disposto no punto décimo da orde de convocatoria.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

SolicitanteConcelloContía da subvención

concedida (euros)

Real Sociedad Económica de Amigos del PaísSantiago de C.4.000

Banda de Música de VisantoñaSantiso4.000

Sociedade Recreativa de San Xoán de CaloTeo4.000

Asociación Cultural de Ensino do Arte da MúsicaVedra4.000

Escola de Música e Danza de ChantadaChantada4.000

Unión Cultural de CampolameiroCampolameiro4.000

Banda de Música Cultural de LalínLalín4.000

Asociación Cultural CoppeliaVigo4.000

ANEXO II

SolicitanteConcelloCausa da denegación

Asociación de amas de casa, consumidores y usuariosCoruña, ANon ter autorización expresa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a impartición das correspondentes ensinanzas (artigo 2 da orde de convocatoria).

Banda de música

Bellas Artes

CangasNon ter autorización expresa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a impartición das correspondentes ensinanzas (artigo 2 da orde de convocatoria).

Banda de música

Xuvenil de Xinzo

PonteareasA solicitude foi presentada fóra de prazo.

Agrupación Musical

do Rosal

Rosal, OA solicitude foi presentada fóra de prazo.

Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de MatamáVigoA solicitude foi presentada fóra de prazo.

Asociación Banda Escola de Música de BeadeVigoA solicitude foi presentada fóra de prazo.