Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.278

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de marzo de 2003 pola que se conceden subvencións a escolas de música públicas.

Por Orde do 6 de novembro de 2002 (DOG do 18 de novembro) publicouse a convocatoria para a concesión de subvencións a escolas de música públicas.

Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión destas subvencións pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concedérlle-las subvencións, nas contías que se sinalan, ás escolas de música públicas que se relacionan no anexo I a esta orde.

Segundo.-Desestima-las solicitudes presentadas polas escolas de música públicas que se relacionan no anexo II, polas causas que se indican.

Tercero.-Para facer efectivo o pagamento das subvencións, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, Subdirección Xeral de Centros, Servicio de Xestión de Programas Educativos, antes do 15 de outubro de 2003, a xustificación completa dos gastos realizados, segundo o disposto no punto décimo da orde de convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Escola de músicaContía da subvención concedida

(euros)

Arzúa5.404,43

Baña, A3.704,87

Capela, A2.390,05

Carnota6.413,02

Cee11.577,57

Coruña, A34.722,29

Oleiros - A Fábrica10.014,80

Ordes5.878,13

Ortigueira6.448,40

Porto do Son7.727,14

Burela8.118,64

Chantada11.599,90

Foz8.020,86

Guitiriz4.393,74

Mondoñedo - O Pallarego-7.957,27

Monforte de Lemos15.534,94

Paradela - O Barrido4.626,66

Pastoriza, A5.217,77

Quiroga4.622,93

Ribadeo11.280,55

Ribas de Sil3.898,78

Sarria6.391,33

Sober10.354,04

Allariz7.026,94

Bande4.972,94

Barbadás11.105,52

Carballiño, O6.203,17

Maceda4.271,23

Ourense15.188,16

Pobra de Trives, A3.881,87

Ribadavia6.637,39

Agolada5.715,95

Baiona5.814,44

Caldas de Reis8.173,67

Cambados6.322,34

Cangas - Mestre Inocentes Camaño10.590,89

Catoira7.536,78

Estrada, A6.954,00

Marín - Maestro Landín Pazos5.651,95

Neves, As4.492,11

Porriño, O7.830,76

Redondela5.782,66

Silleda8.200,65

Tui10.290,60

Valga8.061,38

Vila de Cruces - Artística de Merza7.278,49

ANEXO II

Escola de músicaCausa da denegación

Vilagarcía de Arousa-Bernardo del Río ParadaA solicitude foi presentada fóra de prazo

Valadouro, ONon ter autorización expresa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a impartición das correspondentes ensinanzas (artigo 2 da orde de convocatoria)