Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.277

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de marzo de 2003 pola que se conceden axudas a conservatorios de música non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Por Orde do 6 de novembro de 2002 (DOG do 18 de novembro) publicouse a convocatoria para a concesión de axudas a conservatorios de música non

dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión destas axudas pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concedérlle-las axudas, nas contías que se sinalan, ós conservatorios de música que se relacionan no anexo a esta orde.

Segundo.-Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, Subdirección Xeral de Centros, Servicio de Xestión de Programas Educativos, antes do 15 de outubro de 2003, a xustificación completa dos gastos realizados, segundo o disposto no punto décimo da orde de convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

ConservatorioContía da axuda concedida

(euros)

Arzúa8.832,49

Betanzos13.762,05

Carballo27.590,34

Culleredo25.296,77

Melide21.019,93

Federico Paz Carbajal - Noia17.555,98

Pontes de García Rodríguez, As21.174,44

Ribeira23.226,18

Mestre Ibáñez - Monforte de Lemos17.046,26

Vilalba32.246,26

Viveiro40.529,10

Barco de Valdeorras, O19.893,85

Carballiño, O13.391,37

Celanova17.110,20

Ribadavia8.316,55

Verín11.866,33

Xinzo de Limia16.196,16

ConservatorioContía da axuda concedida

(euros)

Cangas19.861,64

Estrada, A17.943,99

Gondomar14.061,13

Guarda, A10.978,97

Lalín25.135,55

Reveriano Soutullo - Ponteareas30.069,31

Redondela19.967,09

Tui12.638,06