Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 25 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifica resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 343/2000 e tres máis.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións

recaídas nos expedientes sancionadores en materia laboral e de seguridade e saúde laboral.

Faise saber que as ditas resolucións rematan á vía administrativa e os interesados poden formular contra ela, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a súa publicación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, que resulta competente por aplicación e de conformidade co establecido nos artigos 8.3º e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Advertíndolle que terán que aboa-la multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na correspondente delegación provincial, no número de conta e na entidade bancaria que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

EmpresaDomicilio

Localidade

Nº expedienteData resolución,

dirección xeral

ou consellería

Preceptos Sanción

imposta

InfrinxidosSancionadores

Inmobiliaria y Servicios Somivi, S.L.Vigo (Pontevedra)343/2000 (R.A.)

659/1999 (PO)

1372/1999 (AI)

14 de outubro de 2002Artigos 14 e 15 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, en relación co disposto no anexo IV, parte C, punto 3.a) e b) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e de saúde nas obras de construcción, e o anexo I, parte A, punto 8.1, 3 e 4 do Real decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo, en relación co disposto nos artigos 186, 188, 192 e 193 da Orde do 28 de agosto de 1970 e disposición final única nº 2 do convenio colectivo xeral da construcción aprobado por Resolución do 30 de abril de 1998, todo isto de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 31/1995. Artigo 24.1º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, en relación co sinalado no artigo 11.1º.c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen

disposicións mínimas de seguridade e de saúde nas obras de construcción.

Artigo 47.16º.f) e 47.13º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.14.424,30 A

Aislamientos

Cadega, S.L.

Pontecesures (Pontevedra)581/2001 (R.A.)

269/2001 (PO)

546/2001 (AI)

23 de setembro de 2002Artigo 15, 16 e 23 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e os artigos 2, 3, 4, 5, 8 e 9 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servicios de prevención.Artigo 12.1º e 6º do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.1.502,54 A

Cnes. Pereira

y Lamas, S.L.

Lugo698/2001 (R.A.)

56/2001 (LU)

99/2001 (AI)

10 de setembro de 2002Artigo 14.2º, 15 e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, sobre prevención de riscos laborais, en relación cos artigos 11.b) e 20 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, sobre servicios de prevención.Artigo 12.1º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, que aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.1.502,54 A

Roberto Losada BareaMonforte de

Lemos (Lugo)

773/2001 (R.A.)

135/2001 (LU)

262/2001 (AI)

14 de outubro de 2002Artigo 15.1º.b) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en relación co artigo 3.2º.a) do Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos traballadores en materia de contratos de duración determinada.Artigo 7.2º do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.306,52 A