Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2003 pola que se somete a información pública o proxecto sectorial relativo a un aproveitamento hidroeléctrico outorgado a Minicentrales del Verdugo, S.L. no río Verdugo, concello da Lama. (Clave 1/298/16).

O 29 de novembro de 2001, o Consello da Xunta de Galicia acordou aprobar definitivamente como plan sectorial de incidencia supramunicipal o Plan Sectorial Hidroeléctrico das Concas Hidrográficas de Galicia Costa, que fora declarado, por acordo do 10 de maio de 2001, de incidencia supramunicipal para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

A sociedade Minicentrales del Verdugo, S.L. presentou para a súa tramitación, e en desenvolvemento do Plan Sectorial Hidroeléctrico das Concas Hidrográficas de Galicia Costa, un proxecto sectorial relativo ó aproveitamento hidroeléctrico no río Verdugo, outorgado ó seu favor mediante resolución de Augas de Galicia do 14 de maio de 2001.

Así pois, de conformidade co procedemento legalmente establecido e en cumprimento do disposto no artigo 25.3º da mencionada Lei 10/1995 e 13.2º do Decreto 80/2000, sométese a información pública o referido proxecto sectorial co fin de que toda persoa física ou xurídica que se considere interesada no expediente de referencia poida examina-lo citado proxecto, en horas hábiles de oficina, nas dependencias do organismo autónomo Augas de Galicia en Santiago de Compostela (praza de Vigo, 2, 15701 Santiago de Compostela), podendo presentar, perante a presidencia de Augas de Galicia, as alegacións que se consideren oportunas no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da última das publicacións desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou no xornal La Voz de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2003.

P.D. (Resolución 24-2-2003, DOG do 6 de marzo)

Emilio García Gallego

Director xeral do organismo autónomo Augas

de Galicia