Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación dos estatutos da Federación de los Mercados Centrales de la Comarca de Vigo -Mercacevi-.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta pola que se modifican os estatutos da Federación de los Mercados Centrales de la Comarca de Vigo -Mercacevi- e mailos novos estatutos, consistindo a dita modificación no cambio dos artigos 5, 11, 17.1º e 17.3º g), destes.

Asinan a acta de modificación dos estatutos: Raúl Fontán Villanueva e outro.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 25 de febreiro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra