Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Cangas do Morrazo.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Cangas do Morrazo, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: concello de Cangas.

Profesional: tódolos comerciantes que se encontren de alta no exercicio da súa actividade, xa sexa como persoa física ou xurídica e na Seguridade Social.

Asinan a acta de constitución: Antonio González Cordeiro e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 24 de febreiro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra