Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2003 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato de xestión de servicio público, baixo a modalidade de concesión, que ten por obxecto a xestión, explotación e mantemento do complexo acuático de Acea de Ama, no concello de Culleredo (A Coruña).

Aprobado o expediente de contratación que de seguido se identifica, mediante Resolución do 21 de marzo de 2003, procédese agora a efectua-lo anuncio de licitación del.

A presente resolución constitúe acto de trámite para os efectos do parágrafo segundo do artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organistmo: Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral para o Deporte.

c) Nº de expediente: 5/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a xestión, explotación e mantemento do complexo acuático de Acea de Ama, no concello de Culleredo (A Coruña).

b) Prazo de execución: vintecinco (25) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: non se establece por razón da natureza do contrato.

5. Garantías.

Provisional: seiscentos euros (600).

Definitiva: doce mil euros (12.000).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio de Contratación e Xestión Económica da Dirección Xeral para o Deporte.

b) Enderezo: San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15890.

d) Teléfono: 981 54 26 26.

e) Fax: 981 54 26 39.

f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 h.

g) Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2337.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe por razón da natureza do contrato.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de oito días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 4.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro de documentos da Dirección Xeral para o Deporte.

2º Domicilio: San Lázaro s/n.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15890.

Ou por calquera dos xeitos previstos no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 58 43) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 80.4º, do citado regulamento.

a) Admisión de variantes: sí.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Dirección Xeral para o Deporte da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

b) Enderezo: San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15890.

d) Data de apertura: oitavo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado