Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.047

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (817/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 817/2002 por instancia de Ramiro Fraga Castro contra a empresa Cerve Park, S.L. e Fogasa sobre resolución de contrato nos que recaeu sentencia en data 30-1-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Ramiro Fraga Castro contra a empresa Cerve

Park, S.L., e contra o fondo de garantía salarial, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante con data do 20 de novembro de 2002, condenando a demandada a que no prazo de cinco días contado desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou o aboamento da cantidade de 6.909,51 euros en concepto de indemnización e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución a razón de 58,562 euros diarios en caso de que opte pola readmisión.

Así por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado na deste xulgado, aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.), co número 5605 0000 60 0817 02, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5605 0000 65 0817 02, entregándose o xustificante na

secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada; definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia con fin de que sirva de notificación á empresa Cerve Park, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o vinte de febreiro de dous mil tres.

A secretaria xudicial

Rubricado