Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.046

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (760/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 760/2002, por instancia de Diana Rosa Soler Nieves contra Jesús Martínez González, sobre despedimento, nos

que recaeu sentencia en data 30-1-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Diana Rosa Soler Nieves contra a empresa Jesús Martínez González, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante o 11-9-2002, condenando á demandada a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión da traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou ó aboamento da cantidade de 496,30 euros en concepto de indemnización e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a readmisión, en caso de que opte por esta última.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado na deste xulgado, aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.), co número 5.605 0000 60 0760 02, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5.605 0000 65 0760 02, entregándose o xustificante

na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Jesús Martínez González, expido e asino esta cédula na Coruña o vinte de febreiro de dous mil tres.

A secretaria xudicial

Rubricado