Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.046

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (636/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 636/2002, por instancia de Francisco Orgeira Picón contra Constructora Exporvey, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 20-2-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Francisco Orgeira Picón contra Constructora Exporvey, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.437,14 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado na deste xulgado, aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.), co número 5.605 0000 60 0636 02, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5.605 0000 65 0636 02, entregándose o xustificante na

secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Constructora Exporvey, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, o 20 de febreiro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado