Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.046

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (772/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 772/2002 seguidos por instancia de María de los Ángeles Rodríguez Galán contra Mundo Novias, S.L. e outros sobre reclamación de cantidades, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 24 de xaneiro de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda presentada por María de los Ángeles Rodríguez Galán, debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibi-la cantidade de 1.613,33 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, nese sentido, debo condenar e condeno a empresa Mundo Novias, S.L. a que, observando e pasando por tal declaración, lle aboe á demandante a cantidade de 1.613,33 euros, en concepto de salarios e liquidación.

E debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do ET.

E debo absolver e absolvo a intervención xudicial (Rafael Moreno García) das pretensións da demanda.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, facéndolles saber que en contra dela non poden presentar recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Mundo Novias, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido na rúa Real, 9, A Coruña; e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 21 de febreiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado