Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.045

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (289/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 289/2002 seguidos por instancia de Julio Pérez García contra Ausoco, S.L. e outros sobre invalidez permanente total e subsidiariamente parcial, maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 11 de febreiro de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a pretensión subsidiaria da demanda presentada por Julio Pérez García, debo declarar e declaro o demandante en situación de invalidez permanente e parcial para a súa profesión habitual de albanel, derivada de accidente de traballo e en consecuencia, debo condenar e condeno a tódolos demandados a observar e pasar por tal declaración e á Mutua de Accidentes de Trabajo Ibermutuamur a que lle aboe ó demandante unha indemnización a tanto alzado correspondente a 24 mensualidades da súa base reguladora mensual sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do INSS e TXSS como representantes do extinto Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo e do Servicio de Reaseguro respectivamente.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que, en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá de anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contado desde a notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá de presentalo; é posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificado, e que será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de

Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá así mesmo, acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a empresa Ausoco, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Grupo Santa Cristina, 14, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 11 de febreiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado